BE-NE-GÁ
O BNG de Vimianzo apoia á veciñanza de Carnés e Cereixo nunha charla informativa do deputado Oscar Insua sobre o atraso da concentración parcelaria
28/xuño/2026
O parlamentario traslada aos afectados que o BNG seguirá exixindo á Xunta que poña todos os medios posíbeis para finalizar canto antes o proceso administrativo e que os propietarios poidan recibir os títulos definitivos
O portavoz dos nacionalistas en Vimianzo, Benxamín Queiro, cualifica de “despropósito” o incumprimento coa veciñanza por parte do goberno galego do Partido Popular, “que leva dous anos prometendo o seu remate e non cumpre cos prazos marcados”