BNG COSTA DA MORTE
A Acción Feminista do BNG comarcal organiza a presentación dun manual contra as violencias machistas
O acto enmárcase na campaña feminista polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro
A Acción Feminista do BNG da Costa da Morte vén de organizar un acto para presentar e debater o “Manual básico para afrontar as violencias machistas”, que terá lugar na Casa da Cultura de Corcubión este domingo 17 de novembro ás 18:00 horas.
O evento, que será presentado por Mercé Barrientos, enmárcase na campaña feminista polo Día Internacional contra a Violencia de Xénero, que se celebra cada 25 de novembro, e contará como relatora con Carme Adán.
O grupo feminista do BNG invita a toda a veciñanza da comarca a participar nun acto “que consideramos moi importante para combater o machismo e todo tipo de violencia contra as mulleres”.