BNG COSTA DA MORTE

Acción Feminista do BNG Costa da Morte recoñecerá a traxectoria de Viki Rivadulla nun acto para celebrar o 8-M

Cartaz do acto da Acción Feminista do BNG Costa da Morte
Cartaz do acto da Acción Feminista do BNG Costa da Morte
O grupo feminista nacionalista pretende homenaxear a partir deste ano a mulleres que dende a súa profesión e valentía abren camiño á loita pola igualdade
Acción Feminista do BNG Costa da Morte recoñecerá a traxectoria de Viki Rivadulla nun acto para celebrar o 8-M

Costa da Morte, 25 de febreiro de 2025. Con motivo da conmemoración do 8 de marzo como Día da Muller, a Acción Feminista do BNG Costa da Morte pon en marcha a partir deste ano un acto que, baixo o nome de “AS NOSAS MULLERES”, pretende pór en valor, recoñecer e homenaxear ás mulleres da comarca que dende a súa profesión e valentía, abren camiño ao feminismo.   

Este ano 2025, o grupo feminista do BNG decidiu dedicarlle o evento á artista muxiá Viki Rivadulla, nun que acto terá lugar o vindeiro domingo 2 de marzo, ás 19:00h, na Capela do Pilar de Corcubión.

A idea da Acción Feminista das nacionalistas da Costa da Morte é a de ir premiando cada ano a mulleres destacadas tanto na súa faceta profesional como na súa loita pola igualdade.

Acción Feminista do BNG Costa da Morte recoñecerá a traxectoria de Viki Rivadulla nun acto para celebrar o 8-M