BNG COSTA DA MORTE

Acto de presentación do "Manual básico para afrontar as violencias machistas"

Carme Adán e Mercé Barrientos
Carme Adán e Mercé Barrientos
Organizado pola Acción Feminista do BNG Costa da Morte e presentado por Mercé Barrientos, o evento tivo como relatora a Carme Adán, ex-Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta
Acto de presentación do "Manual básico para afrontar as violencias machistas"
Costa da Morte, 17 de novembro de 2024. Este domingo 17 de novembro desenvolveuse na Casa da Cultura de Corcubión o acto de presentación do "Manual básico para afrontar as violencias machistas", que tivo como relatora a Carme Adán,  que foi Secretaria Xeral de Igualdade da Xunta na época do bipartito PSdeG-BNG.

 

O evento, presentado por Mercé Barrientos e organizado pola Acción Feminista do BNG Costa da Morte, serviu para dar a coñecer toda a información de axuda ás vítimas de violencia sexual, facendo fincapé na importancia de recoñecer, actuar e restaurar cando se producen casos de agresións machistas.

 

Acto da Acción Feminista do BNG comarcal en Corcubión
Acto da Acción Feminista do BNG comarcal en Corcubión
Acto de presentación do "Manual básico para afrontar as violencias machistas"