BNG COSTA DA MORTE

Corcubión volveu a acoller unha concentración de apoio a Palestina

Concentración de apoio a Palestina 18-11-24
Concentración de apoio a Palestina 18-11-24
As mobilizacións que se levan convocadas nos últimos meses en toda Galiza teñen a función de loitar contra a impunidade coa que actúa Israel
Corcubión volveu a acoller unha concentración de apoio a Palestina

Convocados pola Coordenadora Galega de Solidariedade con Palestina, e co apoio do BNG Costa da Morte, Corcubión volveu a acoller este luns 18 de novembro unha concentración para amosar o apoio ao pobo palestino e para denunciar os asasinatos que leva cometendo o Estado de Israel en Gaza e noutras partes de Palestina.

Douse lectura a un manifesto no que condenouse o xenocidio israelí, subliñando que sen o papel de Estados Unidos, Reino Unido, Unión Europea e dos seus aliados en Oriente Próximo, e sen a parálise das forzas reaccionarias árabes, o sionismo non poderia levar adiante esta masacre nin os últimos 76 anos de ocupación.

Fíxose fincapé en que as mobilizacións que se levan convocadas nos últimos meses en toda Galiza teñen a función de loitar contra a impunidade coa que actúa Israel, coa complicidade e indiferencia de Occidente.

Concentración Palestina 18-11-24
Concentración Palestina 18-11-24
Corcubión volveu a acoller unha concentración de apoio a Palestina