BNG VIMIANZO

O BNG de Vimianzo solicita unha alternativa para o peche da sucursal de ABANCA en Baíñas

Benxamín Queiro, voceiro do BNG Vimianzo
Benxamín Queiro, voceiro do BNG Vimianzo
O BNG de Vimianzo solicita unha alternativa para o peche da sucursal de ABANCA en Baíñas

Vimianzo, 15 de marzo de 2025. Os concelleiros do BNG de Vimianzo, Benxamín Queiro e Lorena Suárez, mantiveron o pasado xoves 6 de febreiro unha xuntanza co responsable de zona da entidade bancaria ABANCA e a Directora da sucursal de Vimianzo, para tratar de atopar unha solución para as persoas afectadas tras o peche ao público da entidade bancaria en Baíñas.

Segundo o BNG, o peche da sucursal supuxo “un duro revés para a economía local, pois funcionaba coma un importante elemento dinamizador para as empresas de hostalería e servizos da localidade”. Os nacionalistas sinalaron que “cómpre buscar unha solución a esta situación coa maior brevidade posible”, e reiteraron que “moitos dos clientes de ABANCA son de idade avanzada, polo que vense obrigados a financiar un medio de transporte para poder achegarse ata oficina máis que lle queda máis cerca, situada na vila de Vimianzo”.

Apunta o BNG de Vimianzo que máis do 80% dos clientes veñen mostrando a súa lealdade e compromiso coa entidade, dende hai máis de 30 anos, polo que agradecerían que a entidade comprendese o desamparo no que se senten co peche da oficina.

Os concelleiros do grupo nacionalista valoraron “moi positivamente” a atención e a disposición mostrada polos representantes da entidade, e indicaron que, “segundo informan, a solución pasaría por 2 diferentes opcións: a visita periódica á localidade de Baíñas dunha unidade móbil da entidade, ou a apertura dunha oficina varias horas na semana para asesorar e tramitar xestións que non se poidan solucionar a través do caixeiro”.

O BNG de Vimianzo solicita unha alternativa para o peche da sucursal de ABANCA en Baíñas