BNG COSTA DA MORTE

"As Nosas Mulleres": a Acción Feminista do BNG Costa da Morte rende homenaxe a Viki Rivadulla

Viki Rivadulla e Tereixa Fernández no acto "As Nosas Mulleres"
Viki Rivadulla e Tereixa Fernández no acto "As Nosas Mulleres"
Primeira edición dunha iniciativa que pretende recoñecer a mulleres da comarca na súa loita feminista
"As Nosas Mulleres": a Acción Feminista do BNG Costa da Morte rende homenaxe a Viki Rivadulla

Este domingo 2 de marzo, a Capela do Pilar de Corcubión acolleu a primeira edicion do acto "As Nosas Mulleres", para a posta en valor de mulleres da comarca que destacan na súa defensa do feminismo. Foi presentado pola voceira do BNG Fisterra, Tereixa Fernández.

Neste primeiro ano, enmarcado no 8-M, a Acción Feminista do BNG Costa da Morte elexiu para render homenaxe á artista muxiá Viki Rivadulla, que fixo un repaso á súa traxectoria, reivindicando a loita feminista. Animou a todas as mulleres a que exerzan a mesma e acometan un acto de liberación nun mundo masculinizado.

No evento proxectouse un vídeo que recolle declaracións de Viki Rivadulla en dous momentos diferentes: en 2016 e no presente ano. A artista falou dos seus comezos e da temática feminista das súas obras.

"As Nosas Mulleres": a Acción Feminista do BNG Costa da Morte rende homenaxe a Viki Rivadulla