O BNG DA COSTA DA MORTE PON EN MARCHA A CAMPAÑA DE ASEMBLEAS ABERTAS

O Bng Costa da Morte comeza este fin de semana na bisbarra, o proceso posto en marcha a nível nacional de asembleas abertas, no que queremos dar voz e escoitar a toda a cidadanía que vén pedindo unha participación directa na vida política, en particular nas propostas para os seus concellos.
O Bng quere socializar a experiencia dos gobernos municipais do BNG contra as políticas agresivas de recortes do PP, Pontevedra, Allariz, Carballo ou Zas son claros exemplos, e demostrar que é o referente político desa cidadanía cunha alternativa plural, integradora, que non se resigna a ver esmorecer este país, e todo desde unha premisa clave, a aposta total polo papel da cidadanía, pero dun xeito organizado porque é a única maneira de derrotar ao exercito do PP.
O Bng quere escoitar e que o escoiten, coñecer de primeira man os problemas que preocupan en cada localidade, saber das necesidades da veciñanza, para poder así facer fronte a un goberno do Pp mais preocupado polo seu futuro e o dos seus implicados en casos de corrupción, que do futuro común de todos e todas.
Este fin de semanda comezarán as xuntanzas, que se completarán na vindeira, con este calendario:
Venres 3, as 19:30 no salón de actos do concello de Fisterra.
Venres 3, as 20:30 na escola de música, na Alameda de Cee.
Sábado 4, as 18 horas, na casa de pedra, en Camariñas.
Costa da Morte, a 1 de outubro de 2014
Serxio Domínguez Louro
Na foto, de esquerda a dereita, Ilva Carril, portavoz bng Camariñas, Serxio Dominguez, Resp. comarcal e portavoz en Cee e Xan Carlos Sar, Portavoz en Fisterra.