O BNG PRESENTA VARIAS PREGUNTAS NO PARLAMENTO POLO ESTADO DA RÍA DE CORCUBIÓN

O BNG PRESENTA VARIAS PREGUNTAS NO PARLAMENTO POLO ESTADO DA RÍA DE CORCUBIÓN

Solicitou tamén copia do estudo de Augas de Galicia sobre o estado do saneamento

Dende fai xa tempo, o Bng ven denunciando a falta de actuacións da Xunta de Galiza para garantir un bo estado da augas da ría de Corcubión.

As análises deixan ver as claras que a contaminación por augas fecais son o principal problema, e que veñen dados polo mal funcionamento da depuradora que da servizo aos concellos de Corcubiòn e Cee, ademais de que os vertidos directos, a un e a outro lado da ría, son contínuos.

Augas de Galicia anunciou hai tempo a elaboración dun estudo para subsanar as deficiencias do saneamento, así como os problemas coas augas pluviais, no que se ía invertir uns 240 mil euros, mais a día de hoxe nada se sabe do mesmo.

Deste xeito, o Bng ven de rexistrar no parlamento galego varias preguntas sobre o estado da ría, así como do estado dese estudo. De estar acabado deberíase saber as conclusións para poder cuantificar a inversión necesaria para correxir os problemas. De non ser así, queremos que se informe a cidadanía de para cando vai estar e o estado actual do mesmo.

Cee, a 14 de Outubro de 2014

Serxio Domínguez Louro

O BNG PRESENTA VARIAS PREGUNTAS NO PARLAMENTO POLO ESTADO DA RÍA DE CORCUBIÓN