BE-NE-GÁ

Rolda de prensa para explicar as iniciativas do BNG para a gratuidade da AG-55

ROLDA DE PRENSA PARA EXPLICAR AS INICIATIVAS DO BNG  NA DEMANDA DA GRATUIDADE DA AUTOVÍA AG-55 E O SEU RESCATE . Celebrada este xoves 17 de outubro en Carballo.

Coa participación dos deputados OSCAR INSUA (Costa da Morte) e DANIEL PÉREZ(Bergantiños), así como EVENCIO FERRERO (Alcalde de Carballo). Estiveron acompañados de XOSÉ REGUEIRA, vicepresidente da Deputación, XURXO RODRÍGUEZ (Responsábel do Bng Costa da Morte), e portavoces municipais do Bng Bergantiños . 

Tanto Oscar Insua como Daniel Pérez e Evencio Ferrero insistiron no agravio histórico que sofren as comarcas de Bergantiños e a Costa da Morte co pago das peaxes e o incumprimento da Xunta co remate da autovía da Costa da Morte.

Rolda de prensa para explicar as iniciativas do BNG para a gratuidade da AG-55